publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

As obras da Plisan serán iniciadas este ano e dotarán o sur de Galicia dun nodo loxístico intermodal

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaAs NevesLocal PortadaPontevedraSalvaterra de Miño
A-
A+
Ethel Vázquez anuncia o inicio das obras da Plisan. Foto: C. Paz

Ethel Vázquez anuncia o inicio das obras da Plisan. Foto: C. Paz

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Ethel Vázquez, confirmou hoxe que as obras da Plataforma Loxística de Salvaterra-As Neves (PLISAN) se iniciarán este mesmo ano e dotarán o sur de Galiica dun auténtico nodo loxístico intermodal. Así o manifestou a titular de Infraestruturas do Goberno galego, quen hoxe participou en Santiago nunha xornada sobre Transporte Marítimo de Curta Distancia e a súa aportación á competitividade do sector do transporte por estrada.

Ethel Vázquez explicou que precisamente mañá, sábado 13 de xuño, remata o prazo para a presentación de ofertas para a execución das obras da primeira fase dos sistemas xerais da PLISAN, que permitirán urbanizar os primeiros 700.000 m2 de terreo. Recordou que despois do verán se continuará coa contratación das estacións depuradora e potabilizadora de augas e, en total se tratará dun investimento de 20 millóns de euros.

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas confirmou deste xeito o cronograma previsto de iniciar os trámites de venda a finais deste ano para que as empresas poidan empezar a instalarse na Plataforma Loxística de Salvaterra-As Neves no remate de 2016. 

A conselleira puxo en valor o papel das plataformas loxísticas para a mellora da competitividade empresarial que, no caso de Galicia, ademais da PLISAN tamén conta co Porto Seco de Monforte, que aspira a converterse nunha das principais área de actividade loxísticas intermodal estrada-ferrocarril de Galicia. 

Sobre o terreo fóra do proxecto sectorial

En relación coas resolucións da Axencia da Protección Urbanística sobre a PLISAN, cabe destacar que non afectan ao desenvolvemento de solo empresarial previsto nin, en consecuencia, ás obras actualmente en licitación. 

Esas resolucións refírense a unha parte dos terreos que foron excluídos do proxecto da PLISAN coa modificación do proxecto sectorial da mesma aprobada en cumprimento da sentenza do Tribunal Supremo, do ano 2010, polo que non forman xa parte da mesma. As resolucións da APLU dítanse en aplicación da mesma sentenza. 

Os portos galegos como centros loxísticos

Ethel Vázquez salientou que a situación xeográfica de Galicia fai que os portos galegos se convertan en plataformas de intercambio natural con Europa e na principal porta de entrada en Latinoamérica, polo que as boas conexións interiores e exteriores dotan á Comunidade galega de grandes fortalezas e potencialidades. 

Explicou que estas áreas loxísticas, xunto coas conexións ferroviarias, coa posta en servizo do Novo Eixo Atlántico ou o AVE que enlazará Galicia con Madrid con tempos moi competitivos; as conexións terrestre, que distribúen os tráficos pola cornisa cantábrica grazas a A-8, á meseta pola A-6 e A-52, e ao sur da península pola A-9 e a ruta da Plata, e os tres aeroportos galegos, favorecerán o desenvolvemento do transporte de mercadorías e de cadeas multimodais entorno ao tráfico marítimo. 

Por último, a conselleira trasladou a aposta do Goberno galego por continuar traballando na mellora dos servizos e das infraestruturas de transporte multimodal que permitan o desenvolvemento dos portos galegos como verdadeiros nodos loxísticos de conexión co resto de Europa.

12 de xuño de 2015 | 12:02 • Sen comentarios

Comentarios pechados.