publicidade hoxe

Arzúa acollerá o II Campus de Fútbol e Fútbol Sala Diego Quintela – Pablo Ínsua

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaArzúaDeportes
A-
A+
Presentación do campus de fútbol

Presentación do campus de fútbol

Esta mañá tivo lugar en Arzúa a presentación oficial do II Campus de Fútbol e Fútbol Sala Diego Quintela – Pablo Ínsua que se celebrará na localidade entre os días 29 de xuño e 4 de xullo.

Ao acto deste medio día asistiron os dous protagonistas, Quintela e Ínsua, que coincidiron en salientar a ilusión coa que regresan de novo á segunda edición dun campus que leva os seus nomes e do que destacaron a “ledicia de todos os rapaces e rapazas que o ano pasado participaron neste encontro e que se amosaron moi felices de poder formar parte dun evento como éste”.

Ambos confirmaron que a súa presencia en Arzúa estará sempre garantida mentres o campus se siga celebrando e salientaron que para eles  é unha honra que a súa vila natal se preocupe por organizar actividades destas características.

José Manuel Vázquez, máis coñecido como Senel, é o coordinador do campus e foi o encargado de desglosar esta mañá a programación prevista para os 7 días que dure o campus.  Así, explicou os obxectivos do campus que se centran en adestramentos axeitados para a mellora da técnica individual, a adquisición de hábitos deportivos saudables, charlas e coloquios e moitas outras actividades que se complementarán con actividades lúdicas e acuáticas; como novidade para esta edición salientou a quedada nocturna que terá lugar na área recreativa de Ribadiso ou ben no entorno do cruceiro de Santa María.  Así mesmo, o campus contará con transporte de ida e volta en autobús para os participantes de fóra  e coa entrega de dous xogos de equipamento completo para cada un dos asistentes.

O prazo de inscrición comeza o próximo luns, día 8, e remata o 25 de xuño; as persoas interesadas poden obter máis información nos servizos de deportes dos concellos colaboradores, que son un total de nove (Arzúa, Boimorto, Frades, Melide, O Pino, Santiso, Toques, Touro e Vila de Cruces).

4 de xuño de 2015 | 19:43 • Sen comentarios

Comentarios pechados.