publicidade hoxe

Apróbase un proxecto reformado do Concello de Caldas de Reis para a construción as pozas da Tafona

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCaldas de ReisPontevedra
A-
A+

A Deputación de Pontevedra autorizou hoxe ó Concello de Caldas de Reis a construír as piscinas do terreo da Tafona, cunha axuda de 192.300 euros que a institución provincial xa lle concedeu o ano pasado. As obras consistirán na construción de dúas piscinas circulares, aproveitando a calidade da auga do lugar. O obxectivo é promover “a cultura da auga” como un recurso de dinamización social e turística para completar e reforzar a oferta termal.

Os traballos efectuaranse nuns terreos adxacentes ás instalacións da pista polideportiva e ás de skate e pádel. Instalaranse nunha escavación de 1.141 m3 e cunha profundidade de 3 m, e construirase unha edificación na que se situará a instalación das piscinas.

Estas piscinas situaranse nun terreo municipal no que xa se atopa o Centro Comarcal e un edificio de vivendas. Unha parte da parcela foi cedida para un centro de saúde do Sergas.

12 de xuño de 2015 | 18:44 • Sen comentarios

Comentarios pechados.