publicidade hoxe

Apróbase a construción das bancadas do campo das Corticeiras con fondos do PPOS 2015

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCaldas de ReisPontevedra
A-
A+

A Deputación de Pontevedra acordou, este venres, incluír nas partidas do Plan Provincial de Obras e Servizos (PPOS) 2015 a instalación de bancadas no campo de fútbol das Corticeiras, en Caldas de Reis.

Segundo o proxecto aprobado pola Xunta de Goberno trátase dunha primeira actuación na que se van construír catro módulos de bancadas no lateral sur do recinto. Nesta primeira obra se terán en conta ademais as futuras intervencións que se queren realizar no campo: a construción duns vestiarios, unha cantina e unha cuberta para as bancadas que tamén está previsto ampliar con outros dous módulos máis.

Nesta primeira fase os traballos permitirán habilitar un aforo para 256 persoas sentadas.

O prazo de execución das obras é de tres meses.

5 de xuño de 2015 | 18:57 • Sen comentarios

Comentarios pechados.