Apertura do prazo para solicitar permisos para a fogueira de San Xoán en Cerdido
O concello de Cerdido ten aberto o prazo para solicituar os permisos de San Xoán e San Pedro. As persoas interesadas en facer unha fogueira no termo municipal de Cerdido poderán solicitar os correspondentes permisos nas oficinas municipais. Para obter a autorización é preciso que as lumeiradas se realicen en lugares despexados e gardando as distancias de seguridade das árbores máis próximas, das vivendas do lugar e dos tendidos eléctricos e telefónicos. As solicitudes deberán formalizarse antes do sábado 20 de xuño de 2015.