publicidade hoxe

Andarias gaña en Baiona o seu quinto título nacional

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBaionaDeportes
A-
A+
Foto de familia. Autor: Rosana Calvo

Foto de familia. Autor: Rosana Calvo

Con apenas 25 anos e un palmarés de premios envexable, Rafa Andarias  logrou esta tarde en Baiona o seu quinto título nacional ao vencer no Campionato de España da Clase 2.4mR – Regata Vitaldent de Vela Adaptada, organizado polo Monte Real Club de Iates.

O regatista do Club Náutico de Jávea revalidou o seu título tras as dúas xornadas de competición celebradas este fin de semana na bahía baionesa e colócase moito máis preto de cumprir un dos seus soños, o de participar nuns Xogos Paralímpicos. Tras acudir como regatista de reserva a Londres 2012, onde finalmente non puido saír á auga, o obxectivo do valenciano é agora Río 2016, onde espera poder competir o próximo ano. 

No campionato nacional deste fin de semana, o principal rival de Andarias foi o sevillano Borja Melgarejo, do Club de Mar Porto Sherry, que finalmente quedou segundo na clasificación xeral. Grazas á súa prata no trofeo e os bos resultados conseguidos no circuíto logrou, ademais, a clasificación para o mundial de Melbourne. 

O bronce foi para Antonio Maestre, do Real Club de Regatas de Cartaxena, e o galego Fran Piñeiro, que estivo a piques de coarse no podio de gañadores, conseguiu un magnífico cuarto posto. 

O Campionato de España Clase 2.4mR – Regata Vitaldent de Vela Adaptada estivo protagonizado pola falta de vento, que non permitiu realizar todas as regatas previstas. Nos dous días de competición disputáronse un total de 4 probas, das que dúas tiveron que ser acurtadas tras rexistrarse calmas no transcurso do percorrido. 

22 de xuño de 2015 | 19:44 • Sen comentarios

Comentarios pechados.