publicidade hoxe

Ábrese o prazo para inscribirse no ‘Obradoiro de Emprego Ulla-Tambre’ de Touro e O Pino

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaO PinoTouro
A-
A+

Xa está aberto o prazo para que os interesados poidan apuntarse para optar ao ‘Obradoiro de Emprego Ulla-Tambre’, que organizan este ano conxuntamente os concellos de Touro e O Pino, nas especialidades de Mantemento de Xardíns e Zonas Verdes e Repoboacións Forestais e Tratamentos Silvícolas.

O ‘Obradoiro de Emprego Ulla-Tambre’, que irá destinado a 20 desempregados incluindo as dúas especialidades, está inscrito nunha acción global que desenvolverán os Concellos de Touro e O Pino e que tén como obxectivo a posta en valor do patrimonio natural e etnográfico, a promoción turística do territorio e a inserción laboral de desempregados. Os dous Concellos tamén pretenden mellorar a ocupación das persoas desempregadas neste territorio coa cualificación profesional adquirida a través da experiencia laboral mediante a realización de obras ou prestación de servizos de utilidade pública ou interese social.

Os alumnos/as traballadores interesados en participar teñen que estar inscritos nas oficinas do Servizo Público de Emprego (ámbito Touro-O Pino) como demandantes deste obradoiro en concreto. Terán que estar en posesión do graduado ESO, ciclo medio en Probas de Acceso ao BUP, 2º de BUP ou Competencias Clave nivel 2. Logo haberá un proceso de selección entre os demandantes. Unha vez rematado o periodo de formación, estarán en condicións de acceder ao mercado laboral, ben por conta allea ou creando a súa propia empresa. 

5 de xuño de 2015 | 19:15 • Sen comentarios

Comentarios pechados.