publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

A Xunta avoga por continuar avanzando na loita contra a violencia de xénero

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGalicia
A-
A+

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, destacou hoxe a aposta do goberno por seguir avanzando na protección das vítimas de violencia de xénero. Fíxoo durante a clausura das I Xornadas Contra a Violencia de Xénero de Alar Galicia. Nese sentido, subliñou a necesidade de avanzar todos xuntos e sen fisuras, en aspectos como o da prevención, activando mesas de coordinación locais que permitan unha detección temperá, a protección, con actuacións específicas dende a Policía Autonómica, e a atención ás vítimas, con proxectos de lei como o que está no Senado que vai recoñecer por primeira vez aos menores como vítimas directas da violencia de xénero.

O vicepresidente, destacou a posta en marcha nestes últimos anos, do Centro de Recuperación Integral en Santiago de Compostela e a blindaxe das axudas periódicas para garantir a independencia económica das mulleres, chegando nesta lexislatura ao número máximo de mulleres atendidas dende que se puxeron en marcha estas axudas fai case 10 anos. Finalmente, recordou que a Xunta destinou este ano o maior orzamento para o programa de violencia de xénero da última década, máis de 3,4 millóns de euros. As xornadas foron inauguradas pola secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, que tamén participou na primeira mesa sobre o marco xurídico sobre a violencia de xénero e as medidas de protección.

Alar Galicia

Alar é unha asociación sen ánimo de lucro que traballa no ámbito dos Servizos Sociais en Galicia desde maio do ano 2001. O seu obxectivo principal é mellorar as condicións de vida das persoas e colectivos que atopan maiores dificultades de incorporarse á vida social normalizada, con especial interese no apoio a colectivos como os menores, as mulleres con cargas, os inmigrantes retornados e os desempregados de longa duración.

22 de xuño de 2015 | 16:27 • Sen comentarios

Comentarios pechados.