publicidade hoxe

A Tradescola achegará a música tradicional aos cativos de Guitiriz

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGuitiriz
A-
A+

A Tradescola, escola de música tradicional xestionada pola Asociación de Gaiteiros Galegos en Lugo, achegarase mañá martes 9 de xuño ata Guitirizpara realizar unha nova xornada de música tradicional para escolares. Con esta xornada, a Tradescola achegará á comunidade escolar a nosa música e as nosas tradicións, dun xeito ameno e didáctico, amosándolle ao alumnado os distintos ritmos, instrumentos e melodías protagonistas da música tradicional e popular galega, así como a evolución dos instrumentos e das formacións musicais que progatonizaron a historia da música galega nos últimos séculos. Este concerto didáctico terá lugar a partir dás 11.30 horas no CEIP Plurilingüe Lagostelle de Guitiriz, e estará guiado polo  mestre da Tradescola Pablo Carpintero.

Un dos obxectivos da Tradescola é normalizar e incrementar a presenza da música e da cultura tradicional galega na sociedade actual, e para conseguilo, realiza asiduamente numerosos actos como charlas, exposicións, concertos, certames ou xornadas que achegan a numeroso público a coñecer de preto o traballo que está a realizar esta escola, ofrecendo formación a todas as persoas interesadas na música e no baile tradicional tanto na cidade de Lugo, onde imparte aulas diariamente na rúa Pintor Corredoira nº 4, como no resto de comarcas da provincia a través da realización de diversas accións formativas relacionadas co mundo da música, do canto e do baile tradicional. 

8 de xuño de 2015 | 18:36 • Sen comentarios

Comentarios pechados.