publicidade hoxe

A segunda edición do campamento da ourensanía tratará de crear conciencia entre os nenos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMuíñosOurense
A-
A+
Europa Press
Presentación "Explora Ourense"

Presentación “Explora Ourense”

A segunda edición do ‘Campamento da Ourensanía’, promovido pola Deputación en colaboración co colectivo Sustinea, buscará crear “unha verdadeira conciencia” entre os nenos e que estes coñezan a riqueza da provincia. Entre os días 18 de xullo e o 1 de agosto no albergue do Corgo (Muíños), este evento de lecer, baixo o título ‘Explora Ourense’, está dirixido a nenos de entre 9 e 14 anos.

A presentación, este mércores, contou coa presenza do asesor de cultura do organismo provincial, César Fernández, e do representante de Sustinea, Paulo Vázquez. Foi Fernández quen explicou que o que se pretende crear entre os máis pequenos é “unha verdadeira conciencia de ourensanía, para que aprecien e coñezan as cousas importantes que ofrece a provincia en todos os aspectos, desde o cultural ao etnográfico, pasando pola riqueza paisaxística, natural e monumental”.

A institución que preside Manuel Baltar resalta nun comunicado de prensa que o campamento ten como obxectivo “concienciar aos máis novos sobre a importancia da defensa da natureza e do medio ambiente, e ampliar os seus coñecementos sobre o patrimonio material e inmaterial da provincia”.

50 PRAZAS POR 88 EUROS

Pola súa banda, Paulo Vázquez, segundo indica a nota, destacou que se ofertan un total de 50 prazas cun custo de 88 euros por neno, en dúas quendas, un para a franxa de 9 a 11 anos e outro para os de 12 a 14. Durante sete días de campamento en cada quenda, os monitores actuarán de guías para os nenos, ensinándolles os recursos naturais e patrimoniais da provincia, segundo apuntou.

Así mesmo, Vázquez deu conta das diversas actividades que se desenvolverán nestas xornadas de convivencia, entre as que figuran rutas polo parque natural do Xurés, travesías náuticas, descubrimentos etnográficos, talleres, tiro con arco, orientación e xogos.

Os interesados poden realizar a súa inscrición a través da web www.exploraourense.com., cunha data límite establecida para o próximo día 12.

3 de xuño de 2015 | 19:42 • Sen comentarios

Comentarios pechados.