publicidade hoxe

A información sobre a reciclaxe ten agasallo en Monforte

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMonforte de Lemos
A-
A+

Este xoves día 4 de xuño chegará a Monforte a campaña de información e concienciación sobre a recollida selectiva e a reciclaxe, posta en marcha pola Xunta de Galicia en colaboración coas empresas xestoras de residuos.

A participación nesta campaña fora solicitada pola concellería de Medio Ambiente, dirixida por Antonino Luaces, xa que o seu obxectivo é o mesmo que o de múltiples actuacións desenvolvidas pola delegación municipal de Medio Ambiente: sensibilizar á poboación sobre a reciclaxe de envases, vidro, papel e cartón, electrodomésticos, pilas e lámpadas, entre outros.

A finalidade última desta campaña é acalarar as dúbidas existentes á hora de separar correctamente os residuos no fogar, reducindo así os chamados “impropios”, e dicir, aqueles residuos que son depositados de forma equivocada nos colectores de reciclaxe ou nos da fracción resto. 

A campaña lévase a cabo mediante un camión-aula móvil, carpa e un hinchable no que monitores especializados informan e asesoran á cidadanía sobre a reciclaxe. As persoas que se acheguen á aula recibirán un agasallo pola súa participación. O camión-aula, xunto cunha pequena carpa e o inchable situarase no parque dos Condes este xoves día 4 de xuño, permanecendo aberto ó público entre as 10:00  e  20:00 horas. 

A concienciación da cidadanía sobre a importancia de “reducir, reutilizar e reciclar”, rexistrou un progresivo incremento nas derradeiras décadas pero, a pesar da boa vontade dos/das consumidores/as, aínda existen certas dúbidas á hora de separar correctamente os residuos. 

Segundo datos facilitados por Ecoembes, o 22,9 % dos residuos do colector amarelo (envases de plástico, latas e bricks) e o 2 % do colector verde (residuos non reciclables) son “impropios”. Perchas, xoguetes, discos compactos ou cintas de video son os principais “impropios” que se depositan no contenedor amarelo, mentres que no contenedor verde atópanse materiais que terían un destino máis favorable e seguro se se levasen ó punto limpo, caso de cerámica, porcelana, vasos de cristal, envases de medicamentos, etc… 

Este mrcores teremos unha boa oportunidade para aclarar dúbidas e mellorar a nosa contribución en favor da reciclaxe e o medio ambiente.

2 de xuño de 2015 | 10:18 • Sen comentarios

Comentarios pechados.