publicidade hoxe

A Festa do Galo de Curral culmina cun gran éxito de participación

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVila de Cruces
A-
A+
Nava Castro e o alcalde cruceño entregando agasallo ao pregoeiro

Nava Castro e o alcalde cruceño entregando agasallo ao pregoeiro

Vila de Cruces rematou onte moi satisfactoriamente a celebración da súa Festa do Galo de Curral, consolidándose como unha das festas gastronómicas de referencia da Comunidade. A valoración desta XXII edición é moi positiva por parte do Concello de Vila de Cruces xa que acadou a súa maior cifra de participación e asistencia dos últimos anos. Ao longo do domingo, o día grande da festividade, a vila cruceña reuniu a máis de 10.000 asistentes entre o público xeral.

A festa estivo innegablemente protagonizada polo galo do curral e polos profesionais de máis dunha treintena de restaurantes e casas de turismo rural da zona participantes que proveron aos visitantes máis de 3.000 menús desta carne de ave. O domingo na carpa da Organización servíronse arredor de 400 racións de degustación en dúas horas, e os restaurantes do casco urbán agotaron as súas existencias derivando aos clientes a outros establecementos das parroquias lindantes. Asemade, naPraza de Abastos vendéronse preto de medio centenar de pezas deste galo ao longo da fin de semana, tal e como sinalaron dende a Asociación de Criadores do Galo de Curral.

O cociñeiro Ivan Domínguez foi o encargado do pregón desta edición, quen declarou que “o galo do curral é o ibérico das aves” referindose á calidade da súa carne.  A festa estivo amenizada pola multitude de actividades lúdicas e musicais que se desenvolveron dende a mañá ata a noite, de xeito ininterrompido. Cómpre destacar a gran acollida que obtivo o sábado a iniciativa “O Galo canta nas tabernas”, que encheu os bares da vila de música tradicional, ou, entre outros, o domingo o XXII Festival de Bandas de Galicia e a Orquestra Panorama,a actuación nocturna que puxo o colofón final a esta festa.

Dende a Organización valoranse moi satisfactoriamente os resultados desta última edición da Festado Galo de Curral e consideran que “estamos no camiño axeitado para dar o pulo necesario e posicionar a esta raza autóctona á altura doutras aves ibéricas”. A Organización reunirase nas vindeiras semanas para realizar unha análise en profundidade e establecer as seguintes liñas de actuación e de promoción, centradas na XVIFeira de Nadal de Vila de Cruces.

1 de xuño de 2015 | 18:10 • Sen comentarios

Comentarios pechados.