publicidade hoxe

A Escola Municipal de Música de Sober manterá aberto ata o 6 de xullo o prazo de inscrición

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSober
A-
A+

A Escola Municipal de Música de Sober vén de abrir o seu prazo de matrícula, que se prolongará ata o día 6 de xullo. A presentación oficial do curso farase en setembro, mentres que as clases darán comezo a primeira semana de outubro.

A Escola da clases de frauta traveseira, bombardino, clarinete, saxofón, trompeta, trompa, trombón, tuba, percusión, piano, batería, guitarra e linguaxe musical. Tamén se ofertan ensinanzas de música en movemento a partir dos tres anos e música para adultos, así como a posibilidade de formar parte do coro. 

O centro formará grupos instrumentais e os alumnos e alumnas poden participar na banda xuvenil. 

O alcalde de Sober, Luis Fernández Guitián, destaca que o obxectivo principal da Escola Municipal de Musica de Sober é “formar educando aos alumnos e alumnas para a súa posterior incorporación á Banda de Musica de Sober, a principal entidade musical da Comarca”.

Os interesados en anotarse poden pedir máis información no Centro Sociocultural en horario de 10:00 a 14:00 horas ou nos números de teléfono: 982.460.513 e 617.551.299.

25 de xuño de 2015 | 13:00 • Sen comentarios

Comentarios pechados.