publicidade hoxe

A Deputación de Pontevedra concede 300.000 euros para renovar o céspede no campo de fútbol de Meaño

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMeañoPontevedra
A-
A+

A Xunta de Goberno da Deputación aprobou este venres asinar un convenio de colaboración co Concello de Meaño para mellorar o céspede do campo de fútbol de herba sintética da localidade. En virtude deste acordo a Deputación financiará con 300.000 euros os traballos necesarios para dotar o campo dun terreo de xogo de céspede artificial e acometer outras obras de mellora necesarias na instalación e na iluminación do campo, unha actuación cun orzamento final de 438.477 euros.

A Xunta de Goberno aprobou sufragar os 300.000 euros comprometidos nesta obra con fondos do Plan Provincial de Obras e Servizos (PPOS) 2015 e dos investimentos xestionados en cooperación cos concellos en instalacións deportivas. Así, financiaranse 145.093 euros con fondos do PPOS, e os restantes 154.907 euros con investimentos vixentes no orzamento provincial.

13 de xuño de 2015 | 16:51 • Sen comentarios

Comentarios pechados.