publicidade hoxe

A Deputación de Pontevedra aproba a renovación do céspede do campo do Camballón

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPontevedraVila de Cruces
A-
A+

A Deputación aprobou hoxe a sinatura dun convenio de colaboración co Concello de Vila de Cruces para renovar o céspede do campo de fútbol do Camballón. Segundo o acordo adoptado pola Xunta de Goberno achegaranse 208.166 euros, dos investimentos xestionados en cooperación cos concellos en instalacións deportivas, para renovar o actual terreo de xogo, de máis de 10 anos de antigüidade.

O uso deste campo por parte das sociedades deportivas do concello motivou que na actualidade presente un avanzado estado de deterioro, o que impide a práctica deportiva nas condicións adecuadas. A desaparición da fibra artificial do céspede condiciona o agarre ó terreo de xogo do calzado deportivo, provocándolles importantes lesións musculares ós xogadores.

19 de xuño de 2015 | 17:39 • Sen comentarios

Comentarios pechados.