publicidade hoxe

A Deputación concede 100.600 euros para mellorar o saneamento na zona da Rocha en Tomiño

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaTomiño
A-
A+

A Xunta de Goberno aprobou hoxe incluír nas partidas do Plan Provincial de Obras e Servizos (POSP) 2015 a construción dun sistema de saneamento de augas residuais na zona da Rocha, no concello de Tomiño. A actuación estenderase ó longo da estrada municipal que une esta zona co núcleo do Souto, en Gabín, onde este conector se unirá á rede de saneamento municipal.

Con esta actuación quéreselles prestar un servizo ós veciños desta parte da Rocha á vez que a nova bacía servirá para derivar parte do saneamento da rúa República Arxentina tamén nesta zona da Rocha. O orzamento final da obra ascende a 100.624 euros, que se incluirán nas partidas do POSP 2015. Os traballos executaranse segundo as previsións establecidas no PXOM.

5 de xuño de 2015 | 18:55 • Sen comentarios

Comentarios pechados.