publicidade hoxe

A Deputación adxudica por 390.439 euros a mellora dun tramo do trazado da EP Tabagón-O Rosal

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaO RosalPontevedra
A-
A+

A Deputación de Pontevedra adxudicoulle hoxe, na súa Xunta de Goberno, a obra de mellora do trazado da estrada provincial Tabagón-O Rosal-Portocelo (entre os puntos quilométricos 1,9 e 2,6) á empresa Narom S. L., por 390.439 euros.

Ó concurso presentáronse 16 empresas; o traballo hoxe adxudicado ten un prazo de execución de tres meses.

A obra está financiada mediante un convenio entre o Concello do Rosal e a Deputación de Pontevedra, que achega 381.040 euros. Servirá para realizar a conexión da estrada provincial Tabagón-O Rosal coa vía de alta capacidade Tui-A Guarda ó seu paso polo concello.

As obras incluirán a dotación de servizos en todo o tramo e permitirán realizar reparacións, mellorar o trazado do actual tramo e a súa seguridade viaria.

26 de xuño de 2015 | 19:44 • Sen comentarios

Comentarios pechados.