publicidade hoxe

A aula CeMIT de Verín acolle o seminario ‘Aprende a xestionar o teu tempo e a túa produtividade desde o móbil’

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVerín
A-
A+

O martes 16 de xuño, na aula CeMIT do Concello de Verín impartirase o seminario gratuíto ‘Aprende a xestionar o teu tempo e a túa produtividade desde o móbil’, programado polo Centro Demostrador TIC de Santiago de Compostela.

O mesmo, de 16 a 18 horas, terá lugar a través dun sistema de videoconferencia instalado na aula CeMIT de Verín, para evitar que os/as interesados/as se teñan que desprazar ata o propio Centro Demostrador TIC e que promove o achegamento das novas tecnoloxías da información e comunicación aos/ás verineses.

O programa de ‘Aprende a xestionar o teu tempo e a túa produtividade desde o móbil’ aséntase en: xestión e optimización dos tempos, mellora das funcionalidade da túa axenda, aplicación e xestión de tarefas, automatización de tarefas e aforro de tempos.  O seu obxectivo é xestionar e priorizar as tarefas máis salientables e apoiarse coas aplicacións dispoñibles, e está destinado a traballadores/as, freelancers ou autónomos o pemes.

O relator da xornada será Moisés Castro, consultor da empresa Estrategia y Organización S.A., especializado en temas de comunicación e tecnolóxicos, plataformas en liña e sistemas de vixilancia. Castro conta con estudos universitarios de Administración e Dirección de Empresas, pero sobre todo, entusiasta e autodidacta de novas tecnoloxías e produtos tecnolóxicos. 

Para participar neste seminario é recomendable formalizar a inscrición na aula CeMIT de Verín (Casa da Xuventude. Avenida Portugal, 11, porta 11) ou no correo electrónico cemit.verin@xunta.es

9 de xuño de 2015 | 17:58 • Sen comentarios

Comentarios pechados.