publicidade hoxe

A aula Cemit de Celanova oferta actividades para cativos nos meses de xullo e agosto

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCelanova
A-
A+

A aula CeMIT do Concello de Celanova, oferta talleres de informática nos meses de Xullo e Agosto para cativos con idade comprendida entre os 4 e os 14 anos de idade, dende o 13 de Xullo o 21 de Agosto en horario de mañán, de 10:00 a 13:00 horas.

A primeira destas actividades está destinada para nenos/as con idade entre os 4 e os 8 anos, comezando o luns 13 de Xullo e finalizando o venres 24 de Xullo. Os máis pequenos aprenderán a usar as novas tecnoloxías dun modo divertido. Xogando adquirirán coñecementos e destrezas no manexo do ordenador.

Seguido realizaranse diferentes talleres para os cativos de 8 á 14 anos. Darán comezo o luns 3 de Agosto e finalizan o venres 21 de Agosto. Veránse contidos de diferentes temáticas como poden ser “O uso das Redes Sociais”, problemas e consecuencias dun mal uso; “Ocio na Rede”, xogando tamén podemos aprender;  “Búsquedas na Internet”, a búsqueda de información pode supor un gran desafío polo que se adquirirán destrezas para obter os resultados desexados; “ Imaxe e audio”, introducirse no retoque fotográfico e montaxe de son e vídeo, manipulando as súas propias imaxes, sons e vídeos; “Ofimática”, coñecer os principais programas do paquete de ofimático traballando  escritos, tablas de contidos numéricos e  presentacións; “Mecanografía”, practicando a escritura mecanizada adquirirán rapidez.

As inscricións xa se poden realizar presencialmente na aula CeMIT do Concello (Antiga oficina do Inem), Parque das triguerizas sin número, en horario de mañán e tarde de 10:00 a 13:00 h e de 16:00 a 20:00 horas, tamén a través do correo electrónico, cemit.celanova@xunta.es ou no número de teléfono 697 185 080, falando coa responsable da aula Laura Fernández.

29 de xuño de 2015 | 17:49 • Sen comentarios

Comentarios pechados.