publicidade hoxe

A aposta de Galicia Textil pola calidade e a innovación reflicte a capacidade do sector

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaNeda
A-
A+
Conde na visita a Galicia Textil

Conde na visita a Galicia Textil

O conselleiro de Economía e Industria, Francisco Conde, subliñou hoxe, durante unha visita ás instalacións de Galicia Textil, que a aposta da compañía pola calidade e a innovación en produtos reflicte a capacidade do sector téxtil galego no mundo. Neste sentido, Conde sinalou que o compromiso coa modernización permítelle a esta factoría de tecidos desenvolver desde Neda novos produtos e atender ás demandas cada vez máis exixentes do mercado internacional.

“Quero agradecer o compromiso con Galicia dunha fábrica que produce máis de 8 millóns de metros de tecido ao ano”, subliñou Conde. Este feito, unido á súa capacidade de resposta, apuntou o conselleiro, fan dela a única téxtil de cabeceira que fábrica tecido en Galicia, resultando un “eslavón clave” do Grupo Santanderina.

“O éxito de Galicia Textil baséase na innovación, no desenvolvemento de novos produtos para atender ás demandas cada vez máis exixentes dos clientes”, explicou Conde ao tempo que resaltou tamén a rapidez, a loxística, e a calidade como factores fundamentais. Así, o titular de Economía e Industria explicou que esta aposta permítelle á compañía contar con instalacións vangardistas a nivel mundial, multiplicando a súa flexibilidade produtiva, e exportar os seus produtos a mercados de todo o mundo, ao tempo que se configura como unha importante referencia de emprego en Ferrolterra.

Grazas a este bo facer, salientou Conde, Galicia Textil exporta máis do 70% da súa produción a países de todo o mundo como Alemaña, Australia, China ou Marrocos. Deste xeito, apuntou, a compañía contribúe ao “tirón internacional de Galicia e do seu sector téxtil, que acadou no que levamos de ano o seu mellor rexistro histórico”. Neste sentido, nos tres primeiros meses do exercicio, a industria téxtil supero os 1.000 millóns de euros de exportacións.

“A boa marcha de Galicia Textil susténtase na excelencia e a calidade dos seus produtos”, incidiu o conselleiro. Un esforzo que lles permite innovar en produtos de futuro, como os tecidos ultralixeiros, ou apostar pola eficiencia enerxética.

17 de xuño de 2015 | 17:25 • Sen comentarios

Comentarios pechados.