publicidade hoxe

Xornadas de portas abertas en Monterrei

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVerín
A-
A+

A Ruta do Viño Monterrei, promovida pola Axencia de Turismo de Galicia, organizará este fin de semana as IV Xornadas de Portas Abertas, coa colaboración da Agrupación Europea de Cooperación Territorial Chaves-Verín e a Oficina de Turismo do Concello de Verín.

– Viñobús Monterrei gratuíto (con visitas e degustacións en adegas). Dúas rutas:

* Ruta 1: con saída de Ourense e paradas en Allariz, Xinzo e Verín.

* Ruta 2: con saída de Vidago e paradas en Chaves e Verín.

– Visitas e degustación gratuita nas adegas partipantes (Boo Rivero, Crego e Monaguillo, Gargalo e Abeledos). Horarios de visitas: sabado 30 ás 11.30, 13 e 18 horas e domingo 31 ás 12 horas.

– Actividades Fin de Semana Portas Abertas en Monterrei (sábado 30 e domingo 31 de maio):

* Rutas a cabalo (Club Hípico Monterrei).

* Rutas cicloturistas polo val do Támega (Bilurico medio. Ambiente Bilurico Bike).

* Ruta guiada polos castros de Cualedro e sendeirismo polos lagares de Oímbra (Empresa Xeitura Xestión do Patrimonio Cultural S.Coop.Gal.).

* Ruta de sendeirismo polos milenarios lagares rupestres e xantar en adega (Asociación Sendeirismo Rutas das Augas).

* Ruta polos milenarios lagares rupestres con xantar e merenda en adegas (Servino Consulting S.L).

– Actividades gratuitas (sábado 30 de maio).

* Master class sobre lagares rupestres (Ás 19 horas. Na Casa da Cultura de Verín).

* Exposición fotográfica ‘A Auga e a Pedra’ (de 10 a 14 e de 17 a 20.30 horas. Na Sala de Exposicións de Verín.

– Oferta especial de aloxamento en O Retiro do Conde e Parador de Verín e nos restaurantes Lugano e Enxebre Monterrei (Parador de Verín).

– Concurso en Facebook “Gostaríache dispor dun billete para o tren turístico do viño?”.Sorteo de cinco billetes para o tren turístico da Ruta do Viño de Monterrei. Podes facelo subindo unha foto da túa asistencia ás “IV Xornadas de Portas Abertas nas Rutas dos Viños de Galicia” ao Facebook da Ruta do Viño de Monterrei.

29 de maio de 2015 | 13:51 • Sen comentarios

Comentarios pechados.