publicidade hoxe

Xornada de portas abertas nas adegas da Ruta do Viño do Ribeiro

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOurenseRibadavia
A-
A+

A Ruta do Viño do Ribeiro presenta, para a IV edición destas Xornadas de Portas abertas, un programa repleto de actividades enoturísticas para todos os públicos. Cunha importante novidade, o ViñoBus Ruta do Viño do Ribeiro.

As Xornadas celebraranse os días 6 e 7 de xuño durante as cales as persoas participantes poderán:

– Visitar as adegas adheridas á Ruta do Viño do Ribeiro e degustar os seus viños: ás 11:30, á 13:00 e ás 18:00 horas, do sábado 6 e ás 12:00 horas do domingo 7 de xuño

– Gozar de experiencias enogastronómicas con menús especiais que ofrecen os nosos restaurantes.

– Descansar entre viñedos.

– Gozar de cada un dos recursos enoturísticos que ofrece a Ruta do Viño do Ribeiro.

Ademais, a organización das IV Xornadas de Portas abertas quere achegar a Ruta do Viño do Ribeiro ao público potencialmente interesado, para o que se dispón de catro liñas de autobuses que sairán de diferentes puntos da xeografía galega, Ourense, Vigo e Ribadavia. Cada unha delas foi deseñada de xeito que as persoas participantes poidan coñecer a variedade de recursos que ofrece a Ruta do Viño do Ribeiro; visitar adegas, coñecer a riqueza patrimonial e cultural do territorio ou descubrir as peculiaridades dos nosos servizos turísticos.

O ViñoBus de la Ruta do Viño do Ribeiro fará os seguintes percorridos.

Ruta

Puntos e hora de saída

Visitas

Punto e hora de chegada

1. Ourense – Cenlle – Ribadavia – Ourense

9h30 : Ourense. (Parque San Lázaro)

10h00 Cenlle (Laias Caldaria).

10h20 Ribadavia. (Casa da Cultura.)

Viña Costeira

Casa Rural Pazos Hermos

Adega Casal de Arman

Casa dos Ulloa

Adega Aurea Lux

Licores Os Maios

20h00 Ribadavia. (Casa da Cultura.)

21h15 Cenlle (Laias Caldaria)

21h45 Ourense. (Parque San Lazaro)

2. Ribadavia – Beade – Cenlle – Leiro – Carballeda de Avia – Ribadavia

10h00 Ribadavia (Casa da Cultura.)

Santa María de Beade

A adega do Eladio

Adega Terra do Castelo

Termas Prexigueiro

Adega Pazo de Vieite

Casa da Solaina + Adega Beatriz

20h00 Ribadavia (Casa da Cultura)

3. Ribadavia- Castrelo de Miño – Arnoia – Castrelo de Miño – Ribadavia

10h00 Ribadavia (Casa da Cultura)

Mirador das Bouzas

Adega Val de Souto

Adega Pousadoiro

Pazo Carballo

Adega Eduardo Peña

En catamarán ata a Adega Ramón do Casar

20h00 Ribadavia (Casa da Cultura)

4. Vigo – Ribadavia – Boborás – Leiro – Cenlle – Ribadavia – Vigo

9h00 Vigo (Rúa Arenal. Antigo Reitorado).

10h00 Ribadavia ( Casa da Cultura. Avd. Redondela)

Adega Pazo Tizón

Aldea Vitícola Pazos de Arenteiro

Adega Alemparte

Adega Viña Meín

Adega Valdavia

Termas Prexigueiro

20h00 Ribadavia (Casa da Cultura)

21h45 Vigo (Rúa Arenal. Antigo Reitorado).

Os socios da Ruta do Viño do Ribeiro implicáronse nesta celebración para ofrecer actividades para todos os públicos, familias, grupos, parellas. Ofrecendo prezos especiais nos aloxamentos así como paquetes turísticos con desprazamentos desde A Coruña e Santiago de Compostela.

O sábado día 6 de xuño ás 20:00, na Igrexa da Madalena, de Ribadavia o público poderá degustar máis de vinte marcas de viño das adegas adheridas á Ruta do Viño do Ribeiro ambientado por un grupo musical.

O baño é opcional e correrá a cargo da persoa participante (necesario chanclas, bañador e toalla)

A viaxe en catamarán está limitada a 10 persoas, accederán a actividade por riguroso orde de reserva.

 

 

15 de maio de 2015 | 16:37 • Sen comentarios

Comentarios pechados.