Xornada de convivencia de xadrez en Soutomaior
Os alumnos da escola municipal de xadrez do Concello de Soutomaior, dentro dos seus actos de fin de curso, fixeron unha xornada para todos compartindo taboleiros coas persoas maiores do centro de día “Boas Apertas” de Arcade na alameda de Tallo Río. Uns cos seus coñecementos e outros coa súa experiencia gozaron desta xornada de convivencia.