publicidade hoxe

Xoán Curiel trae a Neda o seu espectáculo “Estamos no verán!”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaNeda
A-
A+

A Casa da Cultura de Neda acollerá este sábado, 16 de maio, o espectáculo “Estamos no verán!” do músico galego Xoán Curiel. Espectáculo, dirixido ao público infantil, que toma nome do terceiro traballo discográfico do artista, presentado en 2014. Esta interesante proposta cultural dará comezo ás 19 horas, con entradas a dous euros para o público adulto e dun para nenos e nenas.

A actuación de Xoán Curiel enmárcase na programación de actos deseñada pola Concellería de Cultura de Neda para conmemorar o Día das Letras Galegas e inclúese no ciclo Cultura no Camiño que patrocina e impulsa a Xunta de Galicia.

15 de maio de 2015 | 18:50 • Sen comentarios

Comentarios pechados.