publicidade hoxe

Vila de Cruces celebra este domingo a tradicional Festa do Galo de Curral

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioVila de Cruces
A-
A+

Esta todo preparado para a celebración da XXII Festa do Galo de Curral de Vila de Cruces, declarada de Interese Turístico Galego, que se celebrará o próximo domingo día 31 de maio. Oamplo programa de actividades que se desenvolverá para exaltar un ano máis a gastronomía baseada na carne desta ave de curral criada de xeito tradicional con cereais, sen ningún tipo de complemento alimentario artificial.

Produto gourmet

O Galo de Curral de Vila de Cruces é un produto gastronómico de alta calidade pola súa carne especial, con moi pouca graxa, un sabor intenso e unha textura firme. Altos niveis de calidade e excepcional sabor son sen dúbida as mellores características do galo de curral, que é identificado por un anel numerado colocado na pata, nos criadeiros dos 19 membros da Asociación de Criadores de Galo de Curral.

Programa de actividades

O programa de actividades do cartel, que se desenvolverán para celebrar a XXII edición da Festa do Galo de Curral na que, ademais de servirse en todo os restaurantes e casas de comidas do municipio, terá lugar un amplo elenco de actuacións musicais.

Así, a festa xa comezará ás 19.30 horas do sábado 30 de maio, co inicio de “O galo canta nas tabernas”, un programa de actuacións de grupos tradicionais que desfilarán polos locais de hostalaría de Vila de Cruces. Ese mesmo día, pola noite actuará o grupo “Os Carunchos”, na Praza do Concello. 

O día 31, día grande, os actos empezarán ás 10.30 horas co pasarrúas a cargo do grupo O Arco de Merza, a Banda de gaitas de Piloño e a partir das 11.00 horas terá lugar a Concentración de coches antigos.

Ao mediodía desenvolverase o espectáculo musical “Tres bandas”, a cargo das agrupacións musicais Banda municipal de Silleda, Banda de gaitas do Concello de Forcarei e o Odaiko Precussion Group Voces da Terra. 

Este ano, o pregoeiro da Festa será Iván Domínguez, un dos cociñeiros galegos con maior proxección, director gastronómico do Grupo Alborada e chef do Albaster en Madrid, posuidor dunha estrela Michelin e dous soles Repsol. Pronunciará o pregón a partir das 13.00 horas. 

Ás 13.15 horas terá lugar o concerto da cantante María do Ceo e ás 13.45 horas actuarán as cantareiras de Malvela. 

Xa pola tarde, a partir das 17.30 horas celebrarase o XXII Festival de Bandas de Galicia, que este ano contará coa presenza das agrupacións Banda Unión Musical de Ponteledesma, Banda de Música Cultural de Teo e Banda Artística de Merza. 

E pola noite, desenvolverase un dos grandes acontecementos desta edición da XXII Festa do Galo de Curral de Vila de Cruces: a partir das 22.00 horas, acturará a Orquestra Panorama.

29 de maio de 2015 | 12:49 • Sen comentarios

Comentarios pechados.