publicidade hoxe

Vigo cubrirase dunha iluminación de máis de 80.000 lámpadas na II Feira de Abril en Zona Náutico-Montero Ríos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioLocal PortadaVigo
A-
A+
Presentación da II Feira de Abril en Zona Náutico-Montero Ríos

Presentación da II Feira de Abril en Zona Náutico-Montero Ríos

O alcalde, Abel Caballero, participou este mércores na presentación da II Feira de Abril en Zona Náutico-Montero Ríos, organizado pola Asociación de Comerciantes do entorno coa colaboración do Concello. Do 8 ao 10 de maio, casetas, obradoiros infantís, xogos populares e bailes inundarán o entorno do Náutico e Montero Ríos, comezando o venres ás 21 horas co acendido dun alumeado con máis de 80.000 lámpadas.

Abel Caballero invitou a toda a cidadanía a participar deste evento festivo “singularmente importante”, unha “celebración do maior contido” que presenta unha iluminación composta por máis de 80.000 lámpadas. O alcalde subliñou a relevancia dunha feira para a dinamización do entorno do Náutico e Montero Ríos.

Organizado pola Asociación de Comerciantes y Hosteleros Zona Náutico coa colaboración do goberno de Vigo, a segunda edición da Feira celebráse do venres 8 ao domingo 10 de maio. O programa comeza o venres ás 17 horas coa apertura das casetas de feira, que contarán con todos os produtos típicos andaluces.

Ás 21 horas do venres terá lugar o acendido do alumeado e, a partir das 22 horas, haberá actuacións de baile a cargo da Casa de Andalucía. Para o sábado, ás 18 horas arrancan os obradoiros infantís e xogos tradicionais e populares e a Casa de Andalucía ofrecerá dous espectáculos, comezando ás 20 e as 22 horas. Os obradoiros e xogos continúan o domingo desde as 17 horas e a última actuación de baile da Casa de Andalucía empezará ás 19 horas.

6 de maio de 2015 | 15:06 • Sen comentarios

Comentarios pechados.