publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Val do Dubra aproba a aplicación de complementos nas baixas do persoal

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVal do Dubra
A-
A+

O Pleno celebrado hoxe no Concello de Val do Dubra aprobou a aplicación ao persoal funcionario e laboral dos complementos de incapacidade temporal debidos a continxencias profesionais e comúns e en situacións de maternidade, paternidade e risco durante o embarazo e o período de lactación. A medida foi aprobada co voto do Partido Popular, que presentou a proposta, e coa abstención da oposición.

A proposta do establecemento de complementos será ata o máximo permitido polo artigo 9 do Real Decreto 20/2012, tanto ao persoal laboral como ao funcionariado. Terá carácter retroactivo desde xaneiro deste ano. O alcalde solicitou a proposta e explicou que hai nestas sentido peticións do persoal. Tamén argumentou, para informar sobre a posta en marcha da medida, a mellora da situación económica do Concello de Val do Dubra. O importe dos complementos, de fixarse, serán asumidos integramente polo Concello, que hoxe celebrou o seu último pleno da presente lexislatura.

19 de maio de 2015 | 18:48 • Sen comentarios

Comentarios pechados.