publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

UU.AA. denuncia o desentendemento da Xunta nun brote de tuberculose nunha explotación de Monterroso

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaMonterrosoPortada dereita
A-
A+
Europa Press

Unións Agrarias (UU.AA.) denunciou este venres que a Xunta “se desentende” dun brote de tuberculose nunha explotación de Monterroso (Lugo). Segundo expón, na explotación deron positivo 15 dos 25 animais existentes, pero os servizos veterinarios da Consellería de Medio Rural “denegaron o baleirado sanitario da granxa” Leilán, en Monterroso.

Por iso, o sindicato agrario acusa á Xunta dun “grao de irresponsabilidade ata agora non visto nos servizos de inspección”, xa que “se está a comprometer a sanidade animal das explotacións dos arredores”, debido ao “alto risco de contaxio existente” e pola elevada concentración de gando na zona.

Ao respecto, identifica esta situación con “ordes” da Xunta para “reducir ao máximo as indemnizacións que reciben os titulares das explotacións nas que se declara un baleirado sanitario”. A este respecto, recorda que as axudas “apenas supoñen uns 600 euros” por un animal que lle custará repoñelo uns 2.000 euros.

Así as cousas, condena a “frivolidade e incompetencia co que se tratan na Consellería temas tan graves como a propagación dun brote infeccioso desta natureza”, que “pode traer graves perdas económicas” no sector”.

22 de maio de 2015 | 19:12 • Sen comentarios

Comentarios pechados.