publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Unha persoa tivo que ser excarcerada tras unha saída de vía en Melide

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMelidePortada dereitaSucesos
A-
A+
Europa Press

Unha persoa foi excarcerada na tarde deste venres tras sufrir unha saída de vía cando circulaba pola estrada N-547 á altura do municipio coruñés de Melide. Segundo informou o 112 Galicia, o sinistro tivo lugar pasados uns minutos das 17,00 horas na estrada N-547 ao seu paso pola parroquia de Leboreiro, en Melide.

Os efectivos do parque comarcal de Arzúa excarceraron á persoa que quedou atrapada no seu vehículo, o condutor e único ocupante do vehículo. En concreto, o vehículo saíuse da vía cara a un terraplén en cuxo fondo había un río, aínda que o turismo non chegou a entrar en contacto coa auga.

Os servizos sanitarios de urxencia mobilizaron o helicóptero medicalizado con base en Santiago de Compostela, que tomou terra no mesmo lugar do accidente. Unha vez liberado e fóra do coche, o ferido foi atendido no punto polo persoal médico do helicóptero.

22 de maio de 2015 | 20:04 • Sen comentarios

Comentarios pechados.