publicidade hoxe

Unha empresa funeraria estuda construír un tanatorio na contorna de Ponte Caldelas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPonte Caldelas
A-
A+

Unha empresa funeraria solicitou información urbanística para a construción dun tanatorio na contorna da vila de Ponte Caldelas. A empresa reuniuse  xa en varias ocasións co alcalde para interesarse pola instalación dun tanatorio en Ponte Caldelas. A última reunión tivérona esta mesma semana onde expuxeron xa posibles localizacións.

A primeira opción desta empresa sería adquirir o tanatorio que está instalado na zona de Chan da Barcia, de titularidade privada, pero isto depende de que as empresas propietarias queiran vender.

Por iso esta empresa ten en mente outra opción de construír o tanatorio noutra localización, se non frutifican as negociacións. Para iso fixouse xa en dúas posibles localizacións na contorna do centro urbano, para o que xa realizou as correspondentes consultas urbanísticas. En principio as posibles localizacións son viables urbanisticamente para a súa construción.

Esta empresa funeraria, manifestoulle ao alcalde a súa intención de instalarse en Ponte Caldelas, ben adquirindo o tanatorio privado xa existente, ou ben construíndo un novo nalgunha desas localizacións que son viables urbanisticamente.

O alcalde valora esta iniciativa porque garante que Ponte Caldelas poida contar con tanatorio nun futuro inmediato.

21 de maio de 2015 | 12:21 • Sen comentarios

Comentarios pechados.