publicidade hoxe

Un total de 37 traballos optaron o XII Certame de Literario de Cambre

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCambre
A-
A+

O concello entregará mañá no IES David Buján de Cambre os premios do  XXII Certame Literario de Poesía e Narración breve, Cambre 2015. O acto terá lugar no Salón de Actos do instituto de secundaria, ás 12:30 h.  O pasado día 15 de maio de 2015, no IES David Buján, reuniuse o xurado do XXII Certame Literario organizado polos Equipos de Normalización Lingüística e os Departamentos de Lingua e Literatura galega dos dous institutos de Educación Secundaria do Concello de Cambre, Afonso X O Sabio e David Buján, e a Concellería de Cultura do Concello de Cambre. Nesta vixésimo segunda edición do certame, o xurado estivo composto polos seguintes membros:

D.ª Alicia Longueira Moris, licenciada en Filoloxía galega e directora da Fundación Wenceslao Fernández Flórez

D. François Davo, profesor de francés do IES Afonso X O Sabio

D.ª Maria Mosquera Castro, profesora de Lingua e Literatura española e directora do IES David Buján

D. David Abeledo Santos, estudios de Grao de Español e exalumno do instituto

D.ª Pilar Tobar Conde, profesora de lingua galega e literatura do IES David Buján

Actuando como secretaria do xurado dna. Mª Pilar Paz Delgado, dinamizadora cultural do Concello de Cambre. O xurado acordou propoñer a concesión dos seguintes premios:

Modalidade de POESÍA

Na categoría B (de 15 a 18 anos):

Premio

Nome

Título

Centro

1.º Premio

SABELA RODRIGUEZ REINO

METAMORFOSE PARAVERBAL

A CORUÑA – UNIV. DE LEÓN

2.º Premio

LUCIA CERNADAS VARELA  

CONFESION DE CALQUERA NOVELA NO ESTANTE

IES AFONSO X O SABIO – CAMBRE

Accésit

MARCELA PORTO MATO

CONTANDO AS F(e)RIDAS

A ESTRADA

Na categoría C (de 16 a 24 anos)

Premio

Nome

Título

Centro

1.º Premio

DIEGO PAZOS CASTRO

DIARIO DUNHA DEPRESIÓN

UNIV. SALAMANCA

2.º Premio

ANTON BLANCO CASAS

MINAMATA

FACULTAD FILOLOXIA –

UNIV. SANTIAGO

Modalidade de NARRACIÓN BREVE:

Na categoría A (de 12 a 14 anos)

Premio

Nome

Título

Centro

1º Premio

EVA SALVADO FERNANDEZ 

MORRIÑA

IES DO CASTRO – VIGO

2º premio

 

DESERTO

 

Na categoría B (de 15 a 18 anos) 

Premio

Nome

Título

Centro

1º premio

AMAIA TOMÉ TOMÉ

UNHA MOREA DE PEDRAS

IES FRANCISCO AGUIAR BETANZOS

2º premio

 

DESERTO

 

Na categoría C (de 16 a 24 anos) 

Premio

Nome

Título

Centro

1º premio

CARLOS LIJÓ GÓMEZ

 sen título

UNIV. SANTIAGO COMPOSTELA

2º premio

DIEGO PAZOS CASTRO

AFRODITA 2.0

UNIV. SALAMANCA

Haberá dous premios por categoría e modalidade, aínda que o xurado poderá declarar desertos calquera deles no caso de considerar insuficiente a calidade dos traballos presentados. O importe dos premios será de:

CATEGORIA A: 1º Premio: 173,00 € 2º Premio: 128,00 €

CATEGORIA B: 1º Premio: 218,00 € 2º Premio: 150,00 €

CATEGORIA C: 1º Premio: 300,00 € 2º Premio: 173,00 €

21 de maio de 2015 | 13:17 • Sen comentarios

Comentarios pechados.