publicidade hoxe

Un total de 37 equipos participarán no VI Torneo Internacional Fútbol 8 ‘Vila de Verín’

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVerín
A-
A+

Os días 30 e 31 de maio terá lugar, no complexo deportivo A Granxa, a realización do VI Torneo Internacional de Fútbol 8 ‘Vila de Verín’, no que participarán trinta e sete equipos de Galicia e norte de Portugal.

Este torneo está dividido en tres categorías: prebenxamín, benxamín e alevín. Na categoría prebenxamín competirán os equipos Antela, Celanova, ED Ourense, Santa Teresita, Vila de Corpus (Ponteareas), Arrabaldo, EDC Verín A, Purísima e Velle. Mentres que na de benxamín serán doce as formacións que participen: Antela, Boticas, Chaves, ED Ourense, EDC Verín B, Santa Teresita, Arrabaldo, Celanova, Diogo Cao (Vila Real), EDC Verín A, Ourense CF e Vila de Corpus (Ponteareas). E xa na categoría alevín serán dezaseis os equipos que formen parte desta competición: Antela, Barbadás, Chaves, ED Ourense, EDC Verín B, Pedro Fins (Chaves), Santa Teresita, Vigo 2015, Arrabaldo, Boticas, Diogo Cao (Vila Real), EDC Verín A, Independiente (Vigo), Ourense CF, Tyde (Tui) e Vila de Corpus (Ponteareas).

Devandito torneo, que se disputarán de 09.45 a 20 horas -as dúas xornadas-, está organizado polo Concello de Verín coa colaboración de Cabreiroá, Hortoverín e AEVER-CCU Verín. O VI Torneo Internacional de Fútbol 8 ‘Vila de Verín’ súmase ao ciclo de actividades deportivas realizadas polo Concello de Verín ao longo do ano, destinadas a asentar o concepto de promoción da saúde a través dos campos de creación de ambientes favorables a saúde, fortalecemento da acción e participación comunitaria, desenvolvemento de actitudes persoais saudables e formulación dunha política pública baseada no deporte desde a infancia.

14 de maio de 2015 | 17:27 • Sen comentarios

Comentarios pechados.