publicidade hoxe

Un home foi rescatado mentres se bañaba nunha praia de Rianxo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaRianxoSucesos
A-
A+
Europa Press

Un home foi auxiliado e rescatado nunha embarcación privada ao verse en apertos mentres se bañaba nunha praia do termo municipal de Rianxo (A Coruña). Segundo informou o 112 Galicia, os feitos sucederon sobre as 20,30 horas do domingo na praia de Castañeiro, no municipio coruñés de Rianxo.

O alertante que chamou ao CAE 112 Galicia para pedir auxilio indicou que a persoa se atopaba na auga e pedía axuda. Por iso, foron mobilizados Salvamento Marítimo, que desprazou unha embarcación e informouse á Policía Local e a Protección Civil de Rianxo e de Vilagarcía.

Os axentes da Policía Local explicaron ao 112 Galicia que se trataba dun home que habitualmente saía a nadar e que o vento foi a causa de que se afastase da costa e que se atopase con dificultades para volver. O home, unha vez rescatado foi trasladado ao centro de saúde da zona con síntomas de hipotermia.

18 de maio de 2015 | 10:18 • Sen comentarios

Comentarios pechados.