publicidade hoxe

Últimos días para apuntarse na excursión da terceira idade a Mondoñedo e Asturias

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBrión
A-
A+

O Concello de Brión organiza a tradicional excursión da terceira idade, que este ano terá como destino Mondoñedo e Asturias. A viaxe terá lugar o venres 29 de maio e está dirixida a veciños e veciñas de Brión maiores de sesenta anos e pensionistas maiores de 55 anos, que poden ir acompañados polas súas parellas. O prezo é de 20 euros e as inscricións poderán facerse no Concello de Brión (981 887 006) antes do venres 22 de maio.

Os autocares sairán ás 8:00 horas do venres 29 de maio recollendo aos participantes polas parroquias e viaxarán ata Mondoñedo, onde almorzarán e visitarán a vila. A seguinte parada será a localidade asturiana de Navia, con visita á localidade e xantar-baile no restaurante Blanco. Pola tarde, xa de volta, farase unha visita a Ribadeo.

19 de maio de 2015 | 18:54 • Sen comentarios

Comentarios pechados.