Tres persoas feridas tras envorcar a furgoneta na que viaxaban en Pontecesures
Tres persoas resultaron feridas de diversa consideración este mércores tras envorcar a furgoneta na que viaxaban pola estrada N-550, á altura do concello pontevedrés de Pontecesures. Segundo informou a Central de Atención a Emerxencias 112-Galicia, o accidente sucedeu sobre as 14.00 horas deste venres e ata a zona desprazáronse efectivos da Garda Civil, o GES de Valga e Protección Civil, así como persoal sanitario do 061 para asistir os feridos.
Por outra banda, unha persoa resultou ferida despois de que o seu vehículo envorcase na estrada N-VIN, ao seu paso polo concello coruñés de Coirós.
O suceso tivo lugar sobre as 18.15 horas deste mércores e ata o lugar desprazáronse efectivos sanitarios, a Garda Civil e persoal de mantemento de vía.