publicidade hoxe

Sober comeza a campaña de vacinación canina o venres 22 de maio

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSober
A-
A+

O Goberno local do Concello de Soberinicia o día 22 de maio a campaña anual de vacinación da rabia, identificación, e desparasitación canina en todo o termo municipal.

A campaña é voluntaria, aínda que selles recorda aos propietarios de cans que, segundo o Decreto 90/2002 (DOG nº 63 do 2/4/2002), dende o ano 2002 é obrigatorio ter os cans identificados con microchip sen excepcións de ningún tipo. 

Igualmente, dende o ano 2008, pola publicación do Decreto 94/2008 (DOG nº92 do 14/5/08), establécese o pasaporte ou cartilla sanitaria para os cans na comunidade autónoma de Galicia. Este pasaporte está vinculado exclusivamente aos cans identificados legalmente con microchip. 

A vacinación farase casa por casa, xa que está prohibida a concentración de cans. Todos os interesados deberán chamar ao número do veterinario do recorrido: 689 10 35 94 o día que se efectúe a vacinación na súa parroquia. A vacinación farase en horario de mañá. 

O calendario da campaña será:

-Venres 22 de Maio: Canabal e Vilaescura

-Luns 25 de Maio: Rosende e Millán

-Martes 26 de Maio: Refoxo, Sober, Proendos e Liñarán

-Mércores 27 de Maio: San Martiño de Anllo e Anllo San Estevo

-Xoves 28 de Maio: Figueiroá e Bolmente

-Venres 29 de Maio: Barantes e Santiorxo

-Luns 1 de Xuño: Pinol e Lobios

-Martes 2 de Xuño: Amandi e Doade

-Mércores 3 de Xuño: Bulso e Santa Cruz de Bromos

-Xoves 4 de Xuño: Neiras e Gundivós

Aqueles que xa estean vacinando os seus cans co veterinario do recorrido e, polo tanto, se atopen incluídos no rexistro informático deste, non necesitan chamar, xa que os seus cans son visitados regularmente noutras épocas do ano.

Os prezos son:

-Vacina Rabia+tratamento antiparasitario antihidatídico: 15€

-Implantación Microchip+Pasaporte oficial asociado (cartilla): 33€

-Outras Vacinas ou trámites: Preguntar ao veterinario.

21 de maio de 2015 | 18:48 • Sen comentarios

Comentarios pechados.