publicidade hoxe

Sober celebra en maio o ‘Mes das Letras’

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSober
A-
A+

O Goberno local do Concello de Sober celebra en maio o ‘Mes das Letras’, un conxunto de actividades culturais e de ocio que dan comezo o venres día 8 co concerto didáctico da Escola Municipal de Música ás 10:30 horas no Centro Sociocultural.

Xa pola tarde, a partir das 17:30 horas, a Casa da Cultura acolle a actividade de contacontos Carteiro en Bicicleta a cargo de Caxoto Contacontos, no marco do programa Cultura do Camiño que financia a Xunta de Galicia.

O venres 15 de maio os nenos e nenas que participan nas ‘Merendas con contos’ coñecen a figura de Filgueira Valverde, o autor homenaxeado este ano polo día das Letras Galegas. Tamén haberá un concerto de solistas da Escola Municipal de Música de Sober.

O 16 de maio o pavillón do CEIP Virxe do Carme celebra a IV Ximnastrada ‘Ximnasia Rítmica de Sober’, mentres que o venres 22 se levará a cabo unha tarde de cine nas ‘Merendas con contos’.

A programación segue o 23 de maio, día no que as xuventudes musicais de Sober ofrecerán un concerto de acordeón a cargo de Nicola Tanaskovic (Serbia) ás 20:00 horas no Centro Sociocultural.

O último venres de mes, o día 29, o Programa ‘Ler conta moito’ da Xunta de Galicia achega a Sober Aventuras na Cociña de Trinke Trinke Teatro. Ás 17:30 horas.

7 de maio de 2015 | 12:21 • Sen comentarios

Comentarios pechados.