publicidade hoxe

Sober abre o proceso de selección para cubrir dúas prazas temporais na oficina de turismo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSober
A-
A+

O Goberno local do Concello de Sober abre o proceso de selección para cubrir dúas prazas de persoal temporal de atención para a oficina municipal de turismo.

O contrato será a tempo parcial, por un 67,5% da xornada, de acordo coa resolución de aprobación de subvencións da Axencia de Turismo de Galicia, Xunta de Galicia, de data de 7 de maio de 2015. O prazo de presentación será desde hoxe e durante dez días naturais.

A duración do contrato será do 1 de xuño de 2015 ata o 30 de setembro do mesmo ano. Os interesados ou interesadas deben estar en posesión do grao ou diplomatura en turismo ou titulación equivalente homologada.

Os criterios de selección serán os establecidos nas bases xerais para o acceso a prazas de persoal laboral temporal do Excelentísimo Concello de Sober, ano 2015, publicadas no BOP de Lugo, nº 71 de 28 de marzo de 2015.

Data de realización de proba de coñecementos, valoración de méritos e entrevista persoal:

Valoración de méritos: 28/05/2015 ás 10:00 horas no Salón de Plenos do Concello de Sober.

Proba de coñecementos: 28/05/2015 ás 10:15 horas no Salón de Plenos do Concello de Sober.

Entrevista persoal: 28/05/2015 ás 10:30 horas no Salón de Plenos do Concello de Sober.

O tribunal cualificador estará formado pola secretaria-interventora, a traballadora social e o técnico de emprego.

14 de maio de 2015 | 17:40 • Sen comentarios

Comentarios pechados.