publicidade hoxe

Sete accións formativas para o mes de xuño na aula CeMIT de Verín

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVerín
A-
A+

Durante o mes de xuño, a aula Multimedia do Concello de Verín ofertará sete accións formativas para os/as usuarios/as interesados en ampliar os seus coñecementos no sector da comunicación e novas tecnoloxías.

Os cursos que terán lugar son: Internet, correo electrónico, Hangouts, retoque fotográfico, ferramentas para os móbiles (App), ‘A cámara, conceptos básicos e como pasar as fotos ao ordenador’ e mecanografía. Os mesmos serven de continuación aos realizados nos últimos meses que foron de Renda 2014.Administración electrónica, redes sociais (Facebook e outras redes), folla de cálculo en Google Docs e Libre Office Cal, iniciación á informática, presentacións gráficas en Libre Office Impress, ferramentas na nube, iniciación á informática, busca de información na Internet, administración electrónica ou preparación CODIX .

Ademais, e en colaboración coa Escola de Familia Municipal, tamén se desenvolverá o proxecto infantil ‘Kero-Informátika’, destinado a menores con idades comprendidas entre os 4 e os 10 anos, no que comezarán a familiarizarse cos recursos educativos que ofrece o mundo virtual (tres grupos todos os martes de 16.45 a 17.30 horas, de 17.30 a 18.15 e de 18.15 a 19 horas), mentres que para os/as menores do Kero-Kedar e Kero-Kedar + serán o último mércores do mes de 17 a 19 horas).

O obxectivo da Rede CeMIT é o de vertebrar territorial e socialmente Galicia, en especial onde a fenda dixital se fai máis evidente, impulsando, potenciando e difundo os coñecementos nas tecnoloxías da información e a comunicación da cidadanía galega. Todas as persoas interesadas en participar nestes cursos e seminarios deben realizar a súa inscrición na Aula CeMIT de Verín ou tamén na web da Rede CeMIT. Para máis información dirixirse a Aula CeMIT do Concello de Verín, situada na Avenida de Portugal, nº 11, andar 1- porta 11 ou no correo electrónicos: cemit.verin@xunta.es

22 de maio de 2015 | 17:56 • Sen comentarios

Comentarios pechados.