publicidade hoxe

Salvaterra do Miño presenta as actividades para conmemorar o Día das Letras

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSalvaterra de Miño
A-
A+

O Concello de Salvaterra de Miño presenta a súa programación con motivo do día das Letras Galegas, enfocada principalmente aos máis cativos da casa. As actividades inícianse o próximo xoves 14 de maio ás 17 horas, a cargo do grupo de animación infantil Eduvia, co espectáculo  “imos xogar con Xosé Filgueira Valverde”, na Casa da Cultura de Salvaterra. Os intreresados, a partir de 6 anos, deberán inscribirse no teléfono 637108343 ou no correo: salvaterra.rbgalicia@eidolocal.es.

O venres 15 de maio haberá unha actividade ao aire libre na Praza do Concello, tamén ás 17 horas, denominada “Xogos das Letras”.

O sábado 23 de maio, no salón de actos da Casa da Cultura de Salvaterra, ás 19 horas, haberá un concerto no que participan a coral da Asociación cultural Cantemos,  a coral do C.P. Fogar de Breogán de Lira e o dúa Mara, de Valga.

Tamén para festexar as Letras galegas, o Concello de Salvaterra de Miño, ten convocado como tódolos anos, o Concurso do Marcapáxinas, no que participan os escolares de infantil e Primaria do municipio. Os gañadores das diferentes categoría recibirán como agasallo lotes de libros e material escolar.

6 de maio de 2015 | 13:39 • Sen comentarios

Comentarios pechados.