publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Rexistran o Concello de Pol nunha nova operación da xuíza De Lara

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaPolPortada esquerda
A-
A+
Europa Press

A titular do Xulgado de Instrución Número 1 de Lugo, Pilar de Lara Cifuentes, ordenou este xoves un rexistro no Concello de Pol nunha operación nova na que non hai detidos. Segundo informou o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), o rexistro comezou ás 9,45 horas no marco dunhas dilixencias por un suposto delito contra a administración publica, prevaricación, trafico influencias e fraude na contratación.

As dilixencias sobre este novo operativo, que leva a Unidade de Delincuencia Económica e Fiscal (UDEF) da Policía Nacional por orde do xulgado da ‘Operación Pokémon’, foron declaradas secretas. As mesmas fontes xudiciais sinalaron que non hai persoas detidas no marco deste novo operativo coordinado polo Xulgado de Instrución Número 1 de Lugo

28 de maio de 2015 | 16:20 • Sen comentarios

Comentarios pechados.