publicidade hoxe

Resinas Naturais de Galicia establecerá en Verín a primeira planta industrial de resinas naturais na comunidade

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaVerín
A-
A+

Resinas Naturais de Galicia establecerá un gran complexo industrial no parque empresarial de Pazos (Verín), que suporá a creación de 15 postos de traballo directo e 450 indirectos para a xestión de piñeirais e de recollida en toda a provincia.

Dita industria será referente en Galicia, tanto polo seu labor social de vertebración dos bosques como por ser un alicerce máis do seu desenvolvemento sustentable, dentro das políticas da PAC e H2020 (Gestion Sustentable dos Bosques Europeos), segundo destaca o presidente de Resinas Naturais, Luís Martínez Sanvicente e Oliveras, “a importancia dos recursos en Galicia para o seu aproveitamento e o asentamento deste tipo de industrias ao lado das masas forestais, seguindo modelos de xestión do Norte de Europa”. 

En dita fábrica transformarase a resina de piñeiro mediante un proceso de destilación de segunda xeración para obter produtos básicos. A mesma contará coa última tecnoloxía para procesar os produtos obtidos e conseguir novos materiais 100% naturais, que se comercializarán no ámbito nacional e internacional, e abastecerán á industria química para múltiples usos como elaboración de pinturas, adhesivos, cosméticos, fragrancias e para Farmacopea. 

A nova estratexia industrial Europea aposta polo abastecemento con produtos naturais renovables, e a Comisión Europea recoñece a RESINACIÓN como unha valiosa ferramenta para a xestión dos bosques do sur de Europa. 

Industria Sustentable 

É fundamental preservar e ao mesmo tempo promover a actividade dunha riqueza como son os piñeirais e que á súa vez permitan a creación de man de obra directa que contribúa ao asentamento da poboación e xeración de riqueza nas poboacións rurais. Enerxeticamente é unha industria sustentable e eficiente, pois o aproveitamento da biomasa, de alto valor enerxético, usarase como fonte de enerxía nos procesos produtivos propios (garantindo o abastecemento de enerxía, limpa e renovable). A demanda crecente de produtos máis ecolóxicos e sensibles coa contorna natural, desde o ámbito da cosmética,como da industria farmacolóxica, fabricante de xoguetes, sanitario ou escolar, por ser máis beneficioso para a saúde e o medioambiente o uso de resinas naturais fronte ás derivadas do petroleo e a súa pegada do CO2 

I+D+i

A planta disporá de laboratorios e material innovador para a obtención de diferentes materiais naturais cun maior futuro e alto valor engadido. Estes plans de I+D+i irán apoiados por investigacións públicas a traves da Universidade para a obtención de novos produtos ou servizos para a súa introdución no mercado.

A Resinación

É un proceso produtivo, unha fonte de materia prima renovable e unha ferramenta de xestión dos Bosques.Contemplada na Lei 46/2003 .A dia de hoxe incluída no RGA.

É un aproveitamento forestal compatible e complementario con outros usos ou aproveitamentos que se desenvolvan sobre a mesma superficie do monte, pastoreo, recreativo, micolóxico, madeireiro ou enerxético (contemplada na Lei 46/2003 de Montes como unha explotación agraria, a día de hoxe incluída a actividade no réxime agrario da Seguridade Social). 

Plans de Formación

A resinación en Galicia é escasa a diferenza con outras Comunidades de España. A formación do persoal responsable na resinación será o obxecto principal da nova Industria para o seu desenvolvemento e sustentabilidade.

Impacto Socio-Económico

É un eixo vertebrador no equilibrio territorial e o desenvolvemento socio-económico das áreas rurais desfavorecidas e ameazadas de despoboamento, servindo como referente para o seu asentamento e fixación de población no rural.

Investimento: aproximadamente 4.7 Mlls €

Beneficios 

No proceso da resinación interveñen diferentes axentes sociais: o resineiro, propietario do piñeiral, o Xestor e finalmente a industria, que se ocupa de fraccionar e obter produtos de alto valor engadido coa resina obtida. Por todo iso, a viabilidade e rendibilidade, así como a política de Resinas Naturais de Galicia, serán alcanzadas a curto e medio prazo en función das posibilidades de explotación e contratación dos Montes,beneficiandose a Sociedade en xeral.

21 de maio de 2015 | 18:03 • Sen comentarios

Comentarios pechados.