publicidade hoxe

Recepción no Consistorio aos xogadores do EDC Verín Infantil A, Alevín B, Prebenxamín e Cadete FS

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVerín
A-
A+
Recepció ao EDC Verín

Recepció ao EDC Verín

O salón de plenos do Concello de Verín acolleu unha recepción aos xogadores do EDC Verín Infantil A, Alevín B, Prebenxamín e Cadete FS, así como os seus monitores e proxenitores dos menores, nos que se realizou un agradecemento institucional a estes catro equipos polos éxitos deportivos acadados nesta tempada.

No acto participaron o rexedor do Concello de Verín, Juan Manuel Jiménez Morán, acompañado do concelleiro de Deportes, Víctor Baladrón Lamas, que agradeceron estes éxitos aos rapaces e adestradores así como o tecido social que aglutina ás Escolas Deportivas; ademais de recordar a  excelente campaña realizada por todos os equipos das diferentes disciplinas das EDC Verín (natación, atletismo, fútbol e fútbol-sala) ao longo da tempada 2014-2015. O alcalde destacou o excelente nivel das Escolas Deportivas verinenses, o papel dos/as deportistas, monitores e proxenitores dos/as menores, a importancia do deporte na súa formación académica e persoal e sobre todo o aprendizaxe de valores como respecto e traballo en equipo.

O equipo Infantil A acadou o Campionato de Liga na súa categoría, ademais da Copa Deputación, e está a xogar a fase de ascenso. O Alevín B resultou o campión invicto da Liga tamén na súa categoría e o 30 de maio disputará a final da Copa Deputación. O equipo Prebenxamín tamén acadou o seu correspondente Campionato de Liga e este fin de semana xogará a fase de grupos do Campionato Galego. E o Cadete Fútbol Sala acadou o Campionato da Liga Galega e representará a Galicia no Campionato Nacional. 

21 de maio de 2015 | 13:11 • Sen comentarios

Comentarios pechados.