publicidade hoxe

Protección Civil realizou un simulacro de incendio no CEIP Emilio González López de Lema

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCambre
A-
A+
Simulacro de incendio

Simulacro de incendio

O Servizo Municipal de Emerxencias e Protección Civil de Cambre levou a cabo hoxe  no CEIP Emilio González López de Lema un simulacro de incendio para comprobar a operatividade do plan de evacuación e protocolos dispostos polo Concello no Centro formativo local.

O simulacro comezou sobre as 11:17 horas, e consistiu en simular un lume nunha aula e en dar o aviso aos sevicios de emerxencia. Un destes recipientes produciu unha fuga con incendio, ocasionando unha pequena explosión que serviu de escusa para activar o plan de evacuación iniciado polo conserxe, quen procedeu a mobilizar ao Servizo Municipal de Emerxencias e Protección Civil de Cambre.  En menos de 3 minutos desde o sinal de alarma, evacuaron o centro 190 alumnos de 20 aulas, 10 docentes e o propio conserxe, quen se mantiveron no punto de reunión fixado ata o final da emerxencia.  O tren de saída do Servizo Municipal, compúxoo unha Bomba Rural Lixeira con tres efectivos, un camión motoboma con tres efectivos.  Aos 29 minutos de iniciarse o simulacro, este deuse por concluído despois de ser informada a directora da emerxencia, da situación en que quedaban as instalacións unha vez ventiladas a aula e corredor afectados pola inundación de fume simulado para esta ocasión. Este simulacro foi organizado polo Servizo Municipal de Emerxencias e Protección Civil. Segundo o Servizo Municipal de Emerxencias este tipo de simulacros son necesarios non só como forma habitual de prevención senón como continuación da preparación permanente á que está sometida o seu equipo.

20 de maio de 2015 | 19:08 • Sen comentarios

Comentarios pechados.