publicidade hoxe

Propostas culturais para a fin de semana en Rianxo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaRianxo
A-
A+

Propostas a desenvolver nesta fin de semana na Área de Educación, Cultura e Normalización Lingüística do Concello de Rianxo:

Venres 15 de maio

21.00 h – Auditorio Rianxo. TEATRO: XARDÍN SUSPENSO A CARGO DO CENTRO DRAMÁTICO GALEGO

A compañía do Centro Dramático Galego achégase a Rianxo para representar a súa última produción Xardín Suspenso de Abel Neves baixo a dirección de Cándido Pazó.

As entradas teñen un custe de 5 € e poden adquirse na billeteira unha hora antes do comezo da función.

A obra está recomendada para maiores de 16 anos.

Sábado 16 de maio

20.30 h – Salón de Actos do Auditorio de Rianxo. TRES ROSALÍAS: UNHA EXPOSICIÓN ORAL ILUSTRADA A CARGO DE PEPE BARRO

O deseñador Pepe Barro presentará Tres Rosalías, unha exposición oral ilustrada.

22.00 h – Cafetería Castelao de Rianxo. 3 ª FASE E GRAN FINAL DO II TORNEO DE POESÍA ERÓTICA RECITADA

A velada poético-erótica virá presentada e amenizada como ven sendo habitual por Esther F. Carrodeguas, e rematará co espectáculo  Poeticlub, cabaret poético interpretado por Iria Piñeiro (DandyLady)

A noite comezará coa 3ª e última Fase do Torneo de Poesía Erótica Recitada ‘Ferve a Lingua’ organizado pola Concellería de Educación, Cultura e Normalización Lingüística do Concello de Rianxo, para a cal xa hai máis de 10 persoas inscritas. O prazo de inscrición ficará aberto ata o venres 15 de maio ás 12h, no enderezo cultura@concelloderianxo.gal. As bases para participar pódense ver na web do concello de Rianxo (http://concelloderianxo.gal/)

Recordar aos interesados en votar que fai falta ser puntual (22h) para poder votar.

O gañador ou gañadora desta terceira fase competirá a continuación contra Noelia Gómez e Carlos Da Aira, gañadores das anteriores fases. Dos tres finalistas, e coma sempre por votación popular, coñecerase por fin o gañador ou gañadora dos 1000 euros.

Tralo veredicto do público, e para pechar a velada e o torneo, así como comezar a celebración do Día das Letras Galegas, comezará a medianoite o espectáculo de cabaret poético Poeticlub (da compañía DandyLady) no que Iria Piñeiro converterá ao Castelao no seu particular salón de variedades. Poemas, cancións e confesións entrelazaranse para ofrecer ao público un desvergoñado espectáculo de cabaret que en realidade trata sobre economía e onde a actualidade se toma con moito humor.

Domingo 17 de maio

A partir das 10.30 h – Campo de Pazos – Taragoña. FESTA DE 1906. DÍA DAS LETRAS GALEGAS.

A Asociación Festival Antrospinos organiza un ano máis organiza o domingo 17 de maio, día das Letras Galegas, a Festa de 1906 en Campo de Pazos Taragoña.

Dende as 10.30 da mañá ata a noitiña desenvolveranse variadas actividades para conmemorar o día das Letras Galegas.

14 de maio de 2015 | 18:24 • Sen comentarios

Comentarios pechados.