publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Políticos non profesionais dunha aldea de Val do Dubra preséntanse contra a especulación

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaPortada dereitaVal do Dubra
A-
A+

non especulacionLoitar contra o enriquecemento ilícito e a especulación é un compromiso reiterado polos partidos tradicionais na carreira cara ás urnas, tras un mandato marcado por actuacións xudiciais que salpicaron os municipios, pero hai outras vías. É o caso dun grupo de veciños en Val do Dubra (A Coruña) que busca representación o 24-M cun “non” á especulación.

   A lista deste “grupo pequeñísimo de mulleres e homes”, como se definen no seu manifesto de presentación, nace “dende o profundo da aldea de Portomouro” e está encabezada por Teolindo Muíño. ‘Non á especulación urbanística’ xa probou sorte nas locais de 2007 sen éxito neste concello duns 4.200 habitantes gobernado polo PP.

   “En 2011 intentámolo, pero non foi posible facer a candidatura; agora volvémolo intentar”, explicou o cabeza de cartel, en declaracións a Europa Press. Muíño, prexubilado que traballou nunha carpintaría e que lidera unha lista formada “sobre todo por xente obreira”, rememora as orixes do “non” á especulación urbanística cando en pleno ‘boom’ “empresas de A Coruña e de Santiago empezaron a comprar terreos” no pobo.

   “Empezamos a ver o que sucedía e non podía ser. Estamos nun concello moi bonito e hai que velar porque as casas que se constrúan sigan a liña urbanística, que sexan bonitas, e convencer a xente de que, aínda que non hai industria, aquí se pode traballar. Pódese traballar no campo, cultivando ou limpando os terreos”, resumiu.

   Con “principios ideolóxicos” que “coinciden, polo menos en parte” con outros partidos como o BNG ou Anova, o candidato defendeu que esta candidatura pretende ofrecer “algo diferente aos veciños”, nunha localidade “na que sempre tiveron o peso PP ou PSOE”, pero tamén sinalou que os membros da lista saben que non viven “solos no mundo”.

   Por iso, consciente de que as redes sociais son ‘clave’ neste reto, esta pequena candidatura ten conta en Twitter e páxina web en Facebook, cun manifesto claro en que o explican que dan o paso de presentarse porque están “fartos de calar” e de aceptar que “as cousas son así porque si”.

   Tamén se declaran “contra o caciquismo, o fascismo, a chulería, a prepotencia, o abuso, a corrupción e a impunidade”. En resumo, “un non” á especulación que en realidade é “un si a dar a cara, ao medio, á cultura” e a “defender” a “forma de vida” das aldeas, fronte aos que “venderon” o patrimonio dos avós “nun mercado irresponsable e irreal”

   Para esta lista independente, que concorre nun escenario no que son moitas as ‘mareas’ e movementos cívicos que rexeitan os partidos tradicionais, este “vil enriquecemento” pon en perigo a “credibilidade” de “toda a clase política” dirixente, o que, segundo propugnan, fai necesario actuar.

“¿ DEIXAMOS O RAPOSO COIDANDO DAS GALIÑAS”?

   “¿ E nós deixamos ao raposo coidando das galiñas?”, a pregunta no seu manifesto ‘Non a especulación urbanística’, que cita distintas operacións xudiciais, entre elas a ‘Pokémon’, e censura “a proliferación dun modo de actuar”, no que se ven implicados dende “exministros, tesoureiros de partidos e concelleiros a infantas,”, e que fai “boa” a frase “do país de pandeireta”.

   Fronte a iso, propoñen organizarse “asambleariamente” para “tomar a palabra”, empezando por Val do Dubra e “mobilizarse activamente contra os abusos do poder”.

“NON SOMOS UNS ILUMINADOS”

   “Nós non somos profesionais da política, non somos un grupo de poder, non son uns oportunistas que esperan un traballo no concello, non somos uns iluminados. E ti, ¿de quen vés sendo?”, reza o manifesto, parafraseando a característica frase galega: “e ti de quen es?”.

   Aínda que os obxectivos son moi amplos, na páxina de Facebook son varios os cidadáns que enviaron fotografías con pancartas sumándose á campaña, Teolindo Muiño ten claro que hai que intentalo, pero entrar na Casa do concello vai ser difícil”. Non en van, “estudouse a lei D ‘Hont’.

10 de maio de 2015 | 11:49 • Sen comentarios

Comentarios pechados.