publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Permanecen activos dous incendios forestais en Vilaboa mentres se dá por extinguido outro en Agolada

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaAgoladaPortada dereitaSucesosVilaboa
A-
A+
Europa Press

Dous incendios forestais permanecen activos na mañá deste mércores no termo municipal de Vilaboa (Pontevedra), que comezaron de forma simultánea, mentres que o rexistrado o martes no municipio pontevedrés de Agolada quedou extinguido esta madrugada.

Segundo a información facilitada pola Consellería do Medio Rural, este mércores están activos dous incendios na parroquia de Cobre, en Vilaboa, que comezaron de forma simultánea ás 2,12 horas.

A superficie considerada afectada por ambos os dous lumes, segundo apunta o departamento de Medio Rural da Xunta, é dunhas 20 hectáreas, a maioría arboladas.

Nos traballos de control destes incendios participan dous técnicos, catro axentes forestais, 12 brigadas, seis motobombas, dúas pas e un avión.

EXTINGUIDO

Por outra banda, o incendio rexistrado ás 16,11 horas do martes na parroquia de Val de Sangorza, en Agolada, quedou extinguido á 1,13 horas deste mércores tras queimar 23,23 hectáreas rasas e 9,95 arboladas.

Nos labores de extinción deste lume colaboraron un técnico, cinco axentes forestais, nove brigadas, seis motobombas, unha pala, cinco helicóptero e un avión.

27 de maio de 2015 | 09:59 • Sen comentarios

Comentarios pechados.