publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Permanece activo un incendio forestal en Vilariño de Conso

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSucesosVilariño de Conso
A-
A+
Europa Press

Un incendio forestal permanece activo na mañá deste mércores no termo municipal de Vilariño de Conso (Ourense), onde queimou unhas 50 hectáreas. Segundo informou a Consellería do Medio Rural e do Mar, o lume comezou ás 23,49 horas do martes na parroquia de Chaguazoso, en Vilariño de Conso.

As estimacións provisionais apuntadas polo departamento de Medio Rural sitúan a superficie afectada polo incendio nunhas 50 hectáreas de monte raso. Nos traballos de control deste incendio participan cinco axentes forestais e 13 brigadas.

13 de maio de 2015 | 10:15 • Sen comentarios

Comentarios pechados.