publicidade hoxe

Pechado ao tráfico por obras un treito da estrada 1910 na Fonsagrada ata finais de mes

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA FonsagradaLocal PortadaLugo
A-
A+

A Deputación pechará temporalmente ao tráfico un treito da vía provincial LU-P-1910, que discorre entre Naraxa, por Vilar de Cuíña, á LU-702, no Concello da Fonsagrada, para levar a cabo labores de acondicionamento desta vía provincial.

O corte produciras a partires do punto quilométrico 13, para poder subsanar un afundimento na calzada. Os traballos consistirán no cambio de trazado da mesma, ampliando a superficie da estrada. Estas actuacións prolongaranse, previsiblemente, ata finais de mes, se as condicións climatolóxicas permiten o avance normal das obras.
Os usuarios desta vía atoparán os desvíos provisionais debidamente sinalizados.

11 de maio de 2015 | 18:02 • Sen comentarios

Comentarios pechados.