publicidade hoxe

Pazos de Borbén convoca un curso de aplicación de técnicas de seguridade e primeiros auxilios

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPazos de Borbén
A-
A+

O Concello de Pazos de Borbén puxo en marcha un curso de aplicación de técnicas de seguridade e primeiros auxilios a través do programa Actívate da Deputación Provincial de Pontevedra. Trátase dun ciclo de 40 horas de duración dirixido a desempregados e traballadores de entre 16 e 35 anos. O prazo de presentación de solicitudes termina o 20 de maio.

O ciclo ten como obxectivo capacitar a desempregados e traballadores para cumprir coa normativa europea de prevención laboral así como establecer conceptos prácticos de seguridade no traballo. Ademais inclúese un módulo de primeiros auxilios para que os participantes saiban reaccionar correctamente en caso de accidente.

Para formalizar a inscrición é necesario presentar unha fotocopia do DNI acompañada do impreso de solicitude, debidamente cuberto, que se poderá recoller nas oficinas do Concello de Pazos de Borbén. Os interesados en ampliar información deben dirixirse ás oficinas municipais da Casa do Concello, en horario de 09:00 a 14:00 horas de luns a venres ou través dos teléfonos 986 498 934 e 986 497 035 á atención de Isabel.

14 de maio de 2015 | 19:25 • Sen comentarios

Comentarios pechados.